CM Stores & Innovative Business SLU | Reportaxes - Economía - Praza (Z)
Reportaxes - Economía - Praza (Z)
DIEGO V.: "A NOSA EMPRESA COLABORA EN QUE SERVIZOS ENSENCIAIS PARA A POBOACIÓN, COMO O SERVICIO DE CORREOS, NON SE PECHEN NAS POBOACIÓNS RURAIS REALIZANDO ENVÍOS QUE DIARIAMENTE SUPERAN O MEDIO CENTO"
(...) Diego, de ComercialMida.es, achega unha visión algo máis optimista: "Nunca tivemos ningún problema coas infraestruturas que se requiren: dispoñemos de boas conexións a Internet e a comunicación cos transportes é boa". Porén, apunta que "si e certo que en ocasións é complicado loitar con multinacionais do comercio electrónico dende un pequeno pobo de Lugo, moitas veces con pouca axuda por parte de empresas que, a priori, apostan polo rural e deberían facilitalo para que todos compitamos en igualdade de condicións", en referencia ao servizo de Correos.
Sinala neste senso que "a nosa empresa colabora en que servizos esenciais para a poboación, como o servizo de Correos, non se pechen nas poboacións rurais realizando envíos que diariamente superan o medio cento". Porén, "ano a ano as condicións deste servizo son menos vantaxosas, favorecendo que as multinacionais ganen terreo ás iniciativas autóctonas.
(...) Diego (ComercialMida.es) pon como exemplo a actividade que desenvolven dende a súa empresa, en Taboada: "gústanos pensar que o noso labor poida ser un exemplo de que no rural se pode emprender e ser punteiros, e moito máis no eido da tecnoloxía". "É importante facer un bo análise e configurar a actividade en función das necesidades a medio prazo, pero o rural non pon límites se nós non os xeramos", di. "Cremos firmemente que a 'Galicia baleirada' pode ser reversible. Necesitamos empresas que o intenten en pequenas poboacións, xa que coa súa actividade xerarán riqueza e por ende, actividade e servizos", engade. Temos unha terra de emprendedores e traballadores natos, a historia así o di, podemos vencer calquera obstáculo", conclúe.
(...) CM Stores & Innovative Business SLU é unha empresa que desenvolve proxectos de comercio electrónico. Actualmente estamos desenvolvendo ComercialMida.es, que se dedica fundamentalmente á venda de produtos para as mascotas, agricultura, gandería e fogar. Actualmente somos 5 traballadores con previsión de ampliación en dous empregos máis ao longo deste ano 2020.
O proxecto naceu por casualidade, grazas a un amigo en común coa actual propietaria da empresa. A tenda física, que aínda consevamos, necesitaba un impulso e eu propúxenlle un plan de acción online que permitise manter a esencia dunda agrotenda do rural nun mundo dixitalizado. Gustoulle a idea e decidimos probar, sendo un resultado moi satisfactorio ata o de agora.